Resumo das sesións

1º SESIÓN MÉRCORES 5 DE FEBREIRO DE 2014 
Nesta sesión na primeira parte coñecemos o funcionamento básico da pizarra (calibrar, crear e gardar arquivos...), a barra de ferramentas (cambiar o formato para ver as páxinas, engadir páxinas, ver pantalla completa, rotulador máxico, puntero, funcionamento da galería: buscar e engadir elementos..., captura de pantallla de páxina completa ou recorte e algunhas das propiedades dos obxetos: modificar tamano, bloquear posición e utilidades do duplicador infinito. Unha das ferramentas que probamos e atopamos de gran utilidade foi a grabadora que non ven por defecto na barrra de ferramentas flotante, hai que engadila dende o botón de configuración (Esta ferramenta non ven en LINUX)
 A continuación creamos unha conta de google para o curso e a Blog na que faremos as probas das actividades do mesmo. 
Como referencia para o encerado dixital temos os apuntamentos dunha docencia impartida no C.E.I.P Vidal Portela que podemos atopar na aula virtual do centro no curso ABALAR-Encerado dixital  entrando como convidado.
A tarefa encomendada foi publicar un artigo no Blog no que nos presentamos e inxerimos unha imaxe. Tamén podemos probar cun enlace.
Tamén tedes que envíar un correo á conta da Blog ou á miña conta persoal e darme unha conta de gmail coa que ides traballar na Blog ( se non a tedes , hai que creala como fixemos para a Blog). Cando envíedes ese enderezo recibirides unha invitación que tedes que aceptar para aparecer no listado de colaboradores da Blog.
Ánimo e xa sabedes por onde ando...
2ª SESIÓN MÉRCORES 12 DE MARZO DE 2014.
Hoxe lembramos como configurar os puntos de calibrado da pizarra :
Na icona do programa Notebook imos a Panel de Control -Configuración do Hadware e acmbiar aliñación (escollemos 12 puntos ). Tamén recordamos cunha proba como usar a grabadora para poder crear vídeos e subilos á Blog.
Tiñamos algúns problemas para darnos de alta como autores na Blog que solucionamos configurando os perfís e agora xa aparecemocs tod@s como Autores na lista .
Aprendimos a inxerir un vídeo publicado en Internet a través dun código html (en inglés /embed) e vimos que do mismo xeito podemos inxerir audios, presentacións...e probamos a facelo con vídeos de you tube. Tamén temos outros "almacéns" onde aloxar, ou tomar prestados vídeos para a nosa Blog: vimeo, metacafe, dailymotion, teachertube...
Como autor@s podemos publicar artigos e modificar os artigos que nos publicamos pero non os dos outros usuarios.
Vimos por encima como cambiar o deseño da Blog e engadir gadgets pero esto o poñeremos en práctica na derradeira sesión o 2 de Abril. Nesta sesión engadimos unha etiqueta ós noso artigos (vídeo,audio...) par atopalos dun xeito máis doado cando teñamos que localizalos ou ben agrupalos por tipo, temática...etc
Visitamos unha Blog creada nunha docencia sobre recursos para publicar na Web:
http://cursosprofesinfantil.blogspot.com.es/
e como tarefa imos publicar unha presentación, audio, vídeo...etc nun deses almacéns para logo publicalo na nosa Blog.NON ESQUEZADES poñerlle etiqueta/s.
Xa probamos acrear unha conta (signup) para rexistranos pero practicaremos ata a próxima sesión "in situ" e mentras xa sabedes que podedes consultar as dúbidas on line.
Ánimo que xa queda pouco...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.